Laboratorio CCNN 1º ESO

Prácticas de Laboratorio CCNN 1º ESO


1º Trimestre 

LABORATORIO CN 1º ESO

Nome e apelidos: ____________________________ Grupo: ­­­__ Mesa-Alum: __ Data: ________
  
AS ALGAS

Integrantes do Reino Protista, as súas células son iguais e non forman tecidos. Hainas unicelulares e pluricelulares.
As pluricelulares, poden ser pardasvermellas ou verdes como consecuencia dos pigmentos que pedominen nas súas células. Todas posúen cloroplastos que poden observarse doadamente baixo o microscopio.

OBXECTIVOS 

Aprender o manexo do microscopio óptico.
Observación de células vexetais con cloroplastos.

MATERIAIS


  • Algas de diferentes especies.
  •   Microscopios.
  • Portas e cubres.
  •  Escalpelo ou bisturí.
  • Lancetas e agullas enmangadas.
  •  Pinzas.
  •  Cubetas.


PROCEDEMENTO

1. Colocar a alga sobre un portaobxectos e facer cortes moi pequenos e finos co bisturí. Poñer un pouco da auga salgada sobre os cortes do talo e retirar a alga sobrante. Poñer o cubre e sobre a alga humedecida e observar baixo o microscopio.

2. Observar co mínimo aumento e buscar as células da alga e procurar de distinguir o núcleo e os cloroplastos. Ir cambiando aos aumentos maiores ata observar con claridade o interior celular.
  
CUESTIÓNS

1. Despois de realizada a observación, debuxa o que observaches a 400 aumentos.


    Aumento = Ocular x obxectivo

2. a) Que nutrición posúen as algas?


    b) Que orgánulos posúen para levar a cabo este tipo de nutrición?


3. As células teñen parede celular?


4. Que cores se observan no interior celular?




LABORATORIO CIENCIAS NATURAIS 1 º ESO

Nome: ________________________________ Grupo: __ Mesa-alumno/a: __ Date:_________


Observación de células vexetais

As células vexetais son células eucariotas que teñen parede celular e un grande vacúolo. Algunhas destas células teñen cloroplastos para realizar a fotosíntese. Este tipo de células poden ser observadas  no tecido epidérmico das follas internas do bulbo da cebola.

OBXECTIVO: Observación de células vexetais que non conteñen cloroplastos.


MATERIAIS
              
 ·         Unha cebola.
·         Microscopios.
·         Portas e cubres.
·         Escalpelos ou lancetas.             
·         Pinzas
·         Cubeta de tinción.
·         Lugol.


PROCEDEMENTO:

1.  Corta un pequeno fragmento da epiderme da cara interna da 3ª ou 4ª folla da cebola. Despréndeo coas pinzas.

2.    Pon o tecido epidérmico que contén as células sobre un porta.

3.    Coloca o porta sobre o soporte da cubeta de tinción e engade unhas gotas de Lugol. Espera 2 minutos a que se tingan as células.

4.    Pasados os 2 min, coloca o cubre sobre o tecido humedecido e pon o porta no microscopio.

5.    Observa a mostra co obxectivo de menor aumento para atopar as células. Trata de distinguir o núcleo, a parede celular e o vacúolo. Cambia a un obxectivo de maior aumento para observar mellor o interior celular.


QUESTIÓNS:

1. Debuxa as células observadas cun aumento total de 100X ou 400X. Anota os nomes dos orgánulos que teñas recoñecido.

Aumento =
   Aumento total: Aumento de la lente ocular x aumento de la lente obxectivo


2. Que tipo de nutrición teñen as plantas?


  3. Como se chaman os orgánulos onde se realiza este tipo de nutrición?


4. Nomea dous estruturas celulares que se encontran nas células vexetais pero NON nas    animais.


5. Nomea tres estruturas celulares que se encontren nas células animais e nas células vexetais.




2º Trimestre 

LABORATORIO CN 1º ESO


Nome e apelidos: ___________________________ Grupo: ­­­__ Mesa-Alum: __ Data: ________




ARTRÓPODOS                                                                                         










OBXECTIVO:   A) Observar algúns artrópodos e as súas estruturas.

                             B) Aprender o manexo do microscopio óptico.



MATERIAIS



·      Preparacións  microscópicas de colección.

·      Microscopios.





PROCEDEMENTO



1.  Colocar a preparación sobre a platina e observar baixo o microscopio.



2.  Observar co mínimo aumento e buscar as estruturas do animal que permitan a súa identificación. Ir cambiando aos aumentos maiores ata observar con claridade o material que hai que debuxar.




CUESTIÓNS

1. Despois de realizada a observación, debuxa as estruturas observadas  a  40 ou 100 aumentos.



 
   

Aumento: Ocular x obxectivo



2. Que estruturas observaches na preparación microscópica?



3.  Cal é a súa función no animal?



4.  A que animal corresponden?



5. É vertebrado ou invertebrado?



6. Clasifícao segundo o tipo de artrópodo en Arácnido, Crustáceo, Insecto ou Miriápodo.





7.  Posúe algún tipo de esqueleto? Cal é o seu nome?

8.  Como respira?

9.  Que relación ten coas persoas?





3º Trimestre

LABORATORIO CN 1º ESO


Nome e apelidos: ____________________________ Grupo: ­­­__ Mesa-Alum: ___ Data: ________

  DENSIDADE

A densidade é unha propiedade específica da materia que relaciona a masa co volume.
Permite identificar aos diferentes materiais, xa que cada substancia posúe unha densidade que a diferenza das demais.
Obxectivo: Pescudar a densidade dun sólido coa fin de identificalo.


MATERIAL NECESARIO:

- Balanzas de precisión dixitais.
- Probetas de 100 ml (100 cm3).
- Esferas e cilindros de metal.
- Calculadora.


       PROCEDEMENTO

      1. Medimos a masa (Ms) do sólido coa balanza e a anotamos.                        Ms =  
      2. Enchemos a probeta con auga ata un volume igual a 50 ml.                          V= 50 cm3
      3. Introducimos o sólido na probeta con auga e anotamos o novo volume.        V=
      4. Calculamos o volume do sólido (Vs).                                           Vs = V2 – V1 =     
      5. Calculamos a densidade aplicando a fórmula:

       d = M/V

        
      CUESTIÓNS:

      a)    Que forma posúe o sólido da práctica?

      b)   De que tipo de material está constituído?

      c)    Cal é o valor obtido da súa densidade?

      d)   Que densidade dan as táboasperiódicas para ese material?

      e)    Calcula a diferenza entre a densidade do metal na táboa periódica e o valor obtido no laboratorio?







      No hay comentarios:

      Publicar un comentario