Alumno/a: _______________________________________Mesa: ___ Data: ____________
ÓSMOSE
Obxectivo: Observación da Turxencia e a Plasmólise. Importancia ecolóxica.
Nas células vexetais adultas, o vacúolo ocupa case todo o citoplasma e case non se aprecian o resto dos orgánulos citoplasmáticos. O vacúolo intervén en procesos osmóticos porque a disolución que hai no seu interior é hipertónica respecto do medio externo da célula, que é hipotónico. As membranas celulares e a parede celulósica actúan como membranas semipermeables, deixan que a auga entre por ósmose e así empurra o vacúolo contra a membrana e a esta contra a parede celular. A parede como é ríxida, non rompe e esta presión, que é necesaria para que as células se manteñan turxentes, chámase presión de turxencia.
Se poñemos unha célula vexetal nun medio hipertónico respecto do seu interior, o vacúolo será hipotónico e perderá auga por ósmose. O vacúolo despégase entón da parede celulósica e arrastra con el á membrana citoplasmática. Este proceso denomínase plasmólise e conduce á célula á súa marchitez.
![]() |
| Epiderme de ciclámen experimentando o proceso de ósmose. |
Procedemento:
A. Arrincar unha capa da epiderme do envés da folla da ciclamen. Colocala
nun porta, poñerlle auga e cubrila.
B. Observar co obxectivo de menor e mediano aumento. O
citoplasma non é visible, está pegado á parede como consecuencia do empuxe que
fai o vacúolo coloreado de rosa.
C. Retirar a preparación. Depositar unas gotas da
disolución concentrada de sal nunha beira do cubre e pola outra beira absorber
con papel de filtro.
D. Colocar rapidamente a preparación no microscopio e
observar. O vacúolo retráese e arrastra consigo a película do citoplasma. A
célula en este medio hipertónico sufriu PLASMÓLISE.
Cuestións:
1. Por que mecanismo entran e saen os gases das células a
través das membranas celulares?
2. Como son as membranas celulares, permeables,
semipermeables ou impermeables?
3. En que consiste a ósmose?
4. Fai os debuxos dos fenómenos observados. Como se ven
as células antes e despois de engadir a solución salina. Lembra de indicar os
aumentos nos debuxos.
![]() |
| Antes de engadir a sal |
![]() |
| Despois de engadir a sal |
LABORATORIO BX 4º
Nome e apelidos: ______________________________ Data: _____________ Unidade: ____
OS LIQUES
No proceso de formación dun solo, os liques actúan como os primeiros colonizadores das rochas. Pódense
atopar crecendo sobre rochas, árbores e muros. Resisten un intervalo de temperaturas moi amplo polo que é posible
encontralos tanto en zonas moi soleadas como en lugares excesivamente fríos.
Están formados pola asociación
simbiótica dun fungo e unha alga, o fungo proporciona á alga protección e
humidade mentres que el recibe os glícidos fabricados pola alga durante a
fotosíntese.
OBXECTIVOS: Aprender a realizar cortes dos liques.
Observar a estrutura do liquen:
Hifas do fungo e algas unicelulares.
MATERIAIS:
- Liques de diferentes especies.
- Microscopios.
- Portas e cobres.
- Escalpelo ou bisturís.
- Pinzas.
- Cubetas.
PROCEDEMENTO:
1.
Colocar o lique sobre un portaobxectos e facer cortes moi finos co bisturí.
Pasar algúns destes cortes a outro porta cun pouco de auga. Poñer o cubre e
sobre este, un papel de filtro e esmagar a preparación un pouco.
2.
Observar co mínimo aumento e buscar a zona da beira dos cortes. Ir cambiando
aos aumentos maiores ata observar o micelio
do fungo: uns filamentos incoloros (hifas) que estarán dispostos
desordenadamente.
A alga estará agrupada en masas
globulosas entre as hifas do micelio. Cos aumentos máis grandes é posible
observar que as células son esféricas.
3.
Despois desta primeira observación, retirar o cubre. Con outro porta esmagar fortemente
a preparación. Botar un pouco de auga sobre o material esmagado e observar co
aumento máis grande: poderase observar o micelio fragmentado e algunhas células
da alga (esférica e verdes polos cloroplastos).
CUESTIÓNS:
1. Que é una simbiose?
2. Cal dos dous organismos pensas que se beneficia máis?
3. Por que cres que os liques teñen tan grande expansión xeográfica?
4. Debuxa a observación realizada e indica os aumentos coa que está feita a observación.
5. Realiza unha descrición física do
lique (forma do talo: incrústante, foliáceo, fruticuloso, composto, xelatinosos
e leprarioides; color; estruturas reprodutoras, etc.)
_________________________________________________________________________________
3º Trimestre
LABORATORIO
BX 4º ESO
Nome e
apelidos: ________________________________________________ Data: ________
OS FÓSILES
Os fósiles son restos de organismos ou das pegadas da súa
actividade que son utilizados en xeoloxía para datar as rochas que
os conteñen. Tamén aportan información do ambiente no que se
desenvolveron. Termos: Fósiles guía e fósiles de facies.
OBXECTIVO: Situar os fósiles cronoloxicamente nas series
estratigráficas e observar fósiles ao microscopio.
MATERIAIS
- Fósiles de diferentes eras xeolóxicas.
- Areas con microfósiles.
- Portas.
- Microscopios e lupa.
PROCEDEMENTO
- Asignar os fósiles observados ás capas da serie sedimentaria do debuxo. Escribir o seu tempo xeolóxico. Para colocar o fósil, realiza un debuxo esquemático do mesmo.
- Observación microscópica.
Observa as areas fosilíferas ao microscopio e debuxa o campo de
observación, indicando os aumentos utilizados.






No hay comentarios:
Publicar un comentario